Filosofía
Servizos integrais, relacións sólidas
Apoiada en valores de seguridade, respecto medioambiental e calidade, que nos leva a certificar os nosos procesos de acordo á norma ISO 9001:2000, o obxectivo da nosa filosofía é optimizar os nosos recursos para cubrir todas as necesidades dos nosos clientes.

Emetel sempre tivo unha visión de servicio integral que nos permite establecer unha relación sólida e continuada con cada un dos nosos clientes. Neste sentido, a nosa visión apoiase en conceptos de optimización de recursos e máxima orientación ao cliente para cubrir eficazmente todas as súas necesidades en materia de Enxeñería de Redes e Comunicacións:

Así, a filosofía de traballo de Emetel está baseada en tres piares:

RENDABILIDADE + COMPETITIVIDADE
Mantermos sempre ao día, optimizando os recursos tecnolóxicos máis avanzados, tradúcese en rendabilidade do servicio para os clientes.

RACIONALIDADE + EFICACIA
Xunco coa transparencia son as características que mellor definen a nosa relación co cliente, unha colaboración que avanza cara a unha asociación de negocio.

PROFESIONALIDADE + METODOLOXÍA
Debido ao continuo cambio tecnolóxico nas actividades que desenvolvemos, a formación do persoal de Emetel é unha das nosas prioridades, buscando a mellora das súas actividades e apoiándonos na aplicación dos procesos de traballo máis eficaces.