Emetel é unha empresa especializada en Networking y Comunicacións. Dende a súa constitución en 1994, a flexibilidade e a constante evolución dos nosos servizos foron dúas máximas primordiais que foron levando a Emetel a desenvolverse e consolidarse no mercado.

O noso punto de partida radica en proporcionar solucións tecnolóxicas cun alto valor engadido e adaptadas ás necesidades de cada cliente: pemes, grandes corporacións e administracións públicas.

En definitiva, somos unha compañía que, dende os seus inicios, permanece en constante evolución guiada por un claro obxectivo: ofrecer aos nosos clientes solucións adaptadas ás súas necesidades que lles axuden a ser máis competitivos, satisfacendo plenamente as súas expectativas de calidade e servizo.